Pódese decir que a primeira xeración de transportistas da familia foi o avó lsolino e a avoa Ángela. Tiñan unha besta e dedicábanse a recoller leite en bidóns aló polos anos 50. Logo tiveron que emigrar para gañarse o pan, xunto con toda a familia.
Hacia finais dos anos 60, o seu xenro, Ramiro e a sua filla Mari Paz, compraron o primeiro camión, un Saeta, para transporte de materiais de construcción e de ahí en diante, foron comprando mais para transporte de pedra en canteira, para recollida de leite en bidóns primeiro e logo con cuba de leite, para transporte de pienso en sacos e despois para transporte de pienso a granel, etc, etc.
Agora a última xeración sigue co legado dos seus ascendentes intentando mellorar e modernizar a empresa legada.